
Mapas, tracks, fotos,… do proxecto
Neste mapa poderás atopar as rutas segundo se vaian recuperando e xeolocalizando. Para evitar a descarga de rutas demasiado grandes, estarán divididas en tramos de tal maneira que ó pasar o rato e/ou pulsar sobre cada zona indicaranos o tramo de que se trate para que logo podamos elexilo no listado de descargas que atoparedes baio o mapa, por exemplo, si nos interesan os Tramos 2 y 3 da ruta Verde, deberemos pulsar nos enlaces do listado de tramos que sexan Tramo-2 e Tramo-3 e teñan cor Verde.
Todolos ficheiros están en formato GPX para que poidan ser utilizados na práctica totalidade dos disposivos GPS, Apps de móviles, Google,…
No mapa tamén atoparedes marcadores indicados con o cal indica que pulsando no icono se podrerá acceder a información ou fotos do lugar sinalado.
Dado que estamos colocando indicadores con topónimos (entidades de poboación) e con microtopónimos (terras, augas,…), estes microtopónimos estarán diferenciados coa grabación das letras “mt” no indicador (Grazas a Roi pola suxerencia).
Toda a información deste proxecto (tracks, fotos,…) é de dominio público baixo licenza Creative Commons by-nc-sa, polo cal queda prohibida toda utilización da mesma con fins comerciales.
