Acerca de

Nome: Ramón Otero Pulín

Inscrito no REAT como Guía de Turismo Deportivo TD-LU-000257

Titulacións deportivas:

– Técnico Deportivo en Media Montaña (TD2 Media Montaña) según Real Decreto 702/2019, de 29 de Novembro.

– Técnico Deportivo en Montaña e Escalada Nivel 1 (TD1) según Real Decreto 318/2000, de 3 de marzo.

– Ciclo de Grao Medio en Sendeirismo según Real Decreto 702/2019, de 29 de Novembro.

Outra formación deportiva:

– Carreiras por Montaña e Medioambiente (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)

– Promoción e Organización de Carreiras por Montaña (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)

– Curso de Introducción á Meteoroloxía de Montaña (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)

– Curso de Meteoroloxía de Montaña II (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)

– Curso de Responsabilidade Civil (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)

– Curso de Responsabilidade Civil en Actividades de Montaña II: Estudio de Casos (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)

– Curso Básico de Xestión do Risco (Escuela Española de Alta Montaña – eeAm)



En Monte da Roda ofrecémosche pasar momentos inesquecibles desfrutanto da natureza en xeral e da Ribeira Sacra en particular, con actividades como:

– Rutas guiadas

– Sendeirismo

– Cursos de Orientación en Montaña / entrenamento para Carreiras de Orientación

– Entrenamento para Carreiras por Montaña / Trail

– Educación medioambiental / Ocio e tempo libre

– …

E sempre estarás guiado por unha persoa titulada e con experiencia acreditada !!!

A pesar de estar vivindo tempos duros, iniciamos este proxecto coa ilusión de ofrecer ós nosos Clientes a posibilidade de recuperar o contacto co Entorno Natural en xeral e sin fixarnos límites xeográficos, pero sobre todo pensando na zona na que se ubica a empresa e que non e outra que a Ribeira Sacra do Miño, cun enorme potencial en turismo cultural e de natureza.

O sendeirismo e unha forma de xuntar deporte, natureza e cultura, aproveitando para recuperarse do stress diario. A práctica do sendeirismo está ó alcance de todos, dende os máis novos ata os máis maiores simplemente con elexir o percorrido axeitado as características físicas e de saude de cada persoa.

Dende Monte da Roda ofrecemos excursións que abarcan diferentes áreas do coñecemento permitindo tratar de forma amena a historia dos lugares, informar sobre o medio natural, visitar enclaves arqueolóxicos,…; ao través dunha entretida e distendida camiñata.

Ofrecémosche ademáis actividades de Educación Medioambiental orientadas tanto a adultos como a nenos.

Xa dunha forma máis específica, ofrecemos cursos de Orientación en Montaña e actividades de entrenamento deportivo no medio natural pensadas para aquelas persoas que queiran adentrarse no mundo das Carreiras de Montaña e das Carreiras de Orientación ou para aqueles deportistas que xa practican habitualmente esas modalidades e non queiran interrumpilas durante as vacacións.