Rutas de Outono

INDICACIÓNS E RECOMENDACIÓNS XERÁIS DE SEGURIDADE

ROUPA.- Dependerá da meteoroloxía prevista para o día da ruta, pero dado que todas se realizarán durante o derradeiro mes do outono, e importante levar roupa de abrigo e chuvasqueiro ou chaqueta resistente a auga (opcional paraugas). A vestimenta debe levarse “por capas” xa que ó levar unhos km. percorridos é posible que teñamos calor e polo tanto e importante poder sacar algunha capa de roupa, que deberemos volver a poñer nos intres en que estemos parados.

CALZADO.- Levar calzado cómodo con membrana (Goretex ou similar) xa que nesta epoca do ano chova ou non, aa vexetación estará moi mojada e incluso atoparemos algún tramo con auga abundante. No caso de non dispoñer de calzado con membrana impermeable debese levar calzado e calcetins de reposto para proceder ó cambio ó rematar a ruta.

ALIMENTACIÓN.- E preciso levar polo menos medio litro de auga por persoa. Dado que se trata de un percorrido de varias horas, queda á elección de cada un levar algún tipo de alimento (bocadillo, barritas,…).

OUTROS.- Recomendo que quen poida leve polo menos un bastón/pao, xa que serán útiles nalgunas partes do percorrido, de todos modos eu dispoño de varios que levarei para prestar a quen o precise.

IMPORTANTE.- Si algú dos participantes é consciente de que poida precisar algún tipo de medicamento (temas de alerxia a plantas ou picaduras de insectos, diabetes,…) debe responsabilizarse de levalo e avisar ó guía de tal situación, dado que o guía, ainda que dispon dos coñecementos avanzados obligatorios de seguridade e primeiros auxilios, non está legalmente autorizado a suministrar medicamentos os clientes.

PAGO.- O pago realizarase en efectivo ó iniciar a ruta, ou previamente por Bizum no teléfono 600 544476 (indicando o nome da persoa inscrita).

#CamiñosdeChantada

Unha idea que levaba moito tempo rondándome os miolos, e que, hoxe por fin bota a andar grazas ó finanzamento do Concello de Chantada.

O proxecto ten como obxectivo a posta en valor dunha parte tan importante do noso patrimonio como son os camiños tradicionales que entretecen os lugares, os soutos, as carballeiras,… do noso concello. Estes camiños/sendeiros que foron unha parte importantísima da cultura, da economía,…, en definitiva da vida dos nosos antepasados; atópanse na actualidade totalmente abandoados (moitos deles supoño que case serán irrecuperables) en boa medida por falla de uso, pero tamén por desidia ou incluso por aproveitamente ilegal da súa superficie por parte de particulares.

Por todo isto, o proxecto presentado por Monte da Roda ó Concello de Chantada consiste na recuperación, sinalización e mantemento da maior cantidade posible de tramos destes camiños ata facer o que poderíamos chamar unha “tea de araña” que se extenda a tódolos recunchos do concello (incluso comarca nun futuro) e permita que tanto a nosa xente como os visitantes foráneos poidan disfrutar a pé dos máis fermosos recunchos da nosa xeografía. Xa sei que se trata dun traballo tremendamente extenso e complicado, pero “carallo había que intentalo”.

Dende aquí gustaríame expresar o máis sinceiro agradecemento á xente que me animou a botar adiante esta idea, ó Concello de Chantada por confiar en Monte da Roda e xa de paso a quen de aquí en adiante queira facer calquera aporte de información que me axude neste traballo.

Xa para rematar, e a modo de anécdota, decir que as fotos forman parte do primeiro día de traballo, e como non podería ser doutra maneira, ese traballo desenrolouse no MONTE DA RODA.

Algo é algo

Como moitos saberedes, fai unhos meses fixeron unha tala completa na carballeira da nosa “bola” favorita. O monte ten dono, as árbores teñen dono e no inverno a todos nos gusta ter leña para quentarnos, polo que imos deixar eso a un lado…


O asunto e que como en case todalas talas, os refugallos quedan no monte e neste caso o acceso tanto polas escaleiras como polos camiños lateráis quedaron impracticables.


Dende Monte da Roda quixemos facer un “pequeno” esforzo para que poidades seguir desfrutando dun lugar tan especial, e logo de varios días “aplicando as ferramentas axeitadas” xa vai parecendo outra cousa (gustábame máis con árbores como na foto da entrada que escribín o 25 de Decembro pasado, pero…).

…sígueme

Ruta das Cabaleiras

Pois xa temos acotada, referenciada e lista a primeira ruta propia de Monte da Roda. Como podedes ver no MIDE, trátase dunha ruta fácil cun percorrido sinxelo e apto para tódolos públicos , pero de todos modos moi, moi,…interesante. A Ruta das Cabaleiras é unha proposta chea de historia, natureza, curiosidades,… vamos unha ruta chea de Ribeira Sacra.

…sígueme