Algo é algo

Como moitos saberedes, fai unhos meses fixeron unha tala completa na carballeira da nosa “bola” favorita. O monte ten dono, as árbores teñen dono e no inverno a todos nos gusta ter leña para quentarnos, polo que imos deixar eso a un lado…


O asunto e que como en case todalas talas, os refugallos quedan no monte e neste caso o acceso tanto polas escaleiras como polos camiños lateráis quedaron impracticables.


Dende Monte da Roda quixemos facer un “pequeno” esforzo para que poidades seguir desfrutando dun lugar tan especial, e logo de varios días “aplicando as ferramentas axeitadas” xa vai parecendo outra cousa (gustábame máis con árbores como na foto da entrada que escribín o 25 de Decembro pasado, pero…).

…sígueme

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *